-
Aforro neto
A magnitude do aforro neto é un indicador da situación financeira da entidade local, da capacidade de poder atender no seu vencemento a carga financeira do endebedamento. Calcúlase da seguinte maneira: suma dos ingresos liquidados correspondente a impostos, taxas e prezos públicos, transferencias correntes e ingresos patrimoniais, menos os gastos relativos a persoal, bens correntes e servizos e transferencias correntes (non se contemplan os gastos financiados con remanente de tesourería para gastos xerais). A este resultado ténselle que restar a anualidade teórica de amortización correspondente aos préstamos concertados a longo prazo e aos avais a terceiros pendentes de reembolsar.
-
Capacidade de financiamento
A capacidade ou necesidade de financiamento dun Concello mídese como a diferenza entre os ingresos non financeiros e os gastos non financeiros. Cando o resultado é positivo (capacidade de financiamento), indica que a entidade ten capacidade de financiamento ou superávit de orzamento non financeiro. En cambio, se o resultado é negativo, indica que a entidade necesita financiamento, é dicir, que ten que recorrer ao endebedamento.
-
Clasificación económica do orzamento de gasto
A clasificación económica do orzamento do gasto informa de como se gasta, é por este motivo que os créditos do orzamento de gasto ordénanse segundo a súa natureza económica, distinguindo entre os créditos destinados a operacións correntes, como os gastos necesarios para o funcionamento dos servizos públicos (gastos de personal e bens e servizos), os créditos destinados a operacións de capital (como os gastos en investimentos reais) e os créditos destinados a operacións de caracter financeiro (como as amortizacións dos préstamos que recibiron as entidades locais).
-
Clasificación orgánica do orzamento do gasto
A clasificación orgánica do orzamento do gasto informa de que unidade orgánica do Concello xestiona o gasto, é dicir, que área ou servizo é o responsable da súa execución. Esta clasificación é opcional.
-
Clasificación por programas do orzamento do gasto
A clasificación por programas do orzamento do gasto informa sobre a finalidade e os obxectivos dos créditos que con eles deséxanse conseguir.
-
Como se clasifica o orzamento de ingresos
O orzamento de ingresos pódese clasificar de acordo coa seguinte clasificación:
- Clasificación económica, que presenta a información segundo a natureza económica dos dereitos orzamentarios.
- Clasificación orgánica, que informa sobre quen ingresa. As entidades locais poden clasificar os ingresos atendendo á súa propia estrutura. É unha posibilidade que teñen as entidades locais e, por tanto, unha clasificación de carácter opcional.
-
Como se clasifica o orzamento do gasto
Os gastos do orzamento clasifícanse de acordo con tres clasificacións diferentes:
- Orgánica: que informa de quen realiza o gasto.
- Por programas, que informa sobre en que se gasta, é decir, a finalidade do gasto.
- Económica, que informa sobre como se gasta, sobre a natureza económica do gasto.
-
Contribucións especiais
Cando o Concello realiza obras públicas ou establece servizos dos cales a cidadanía obtén un beneficio ou incrementa o valor dos seus bens, pódense esixir contribucións especiais.
-
Créditos iniciais
Datos económicos do orzamento inicialmente aprobado.
-
Débeda viva
A débeda viva é a totalidade da débeda pendente de pagar que ten o Concello procedente de préstamos a longo prazo con entidades financeiras e avais, é dicir, é o capital pendente de amortizar máis os xuros xerados.