Que significa...?

  • Taxas e prezos públicos

    Cando o Concello realiza actividades que benefician ou interesan particularmente aos cidadáns, pode esixir taxas ou prezos públicos. Tamén se esixirá unha taxa cando teña lugar o aproveitamento especial da vía pública a favor dun particular. Exemplos típicos de actividades polas cales se esixe unha taxa son a recollida do lixo, a concesión dunha licenza urbanística ou un vao. Ten que pagar a taxa a persoa que se beneficia do dominio público ou dun servizo ou actividade que realiza o Concello. É o Concello quen determina mediante as ordenanzas fiscais o importe da taxa. A diferenza entre unha taxa e un prezo público é que a taxa establécese para servizos que só presta o Concello (exemplo o vaos), e o prezo público utilízase para aqueles servizos que tamén poden ser prestados por unha empresa privada (por exemplo as entradas a instalacións deportivas, escolas infantís etc.).